Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de marzo de 2020

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) pecha a atención ao público presencial nas súas oficinas de emprego

Desde hoxe 16 de marzo as oficinas de prestacións do SEPE non ofrecerán un servizo de atención ao público presencial a consecuencia da pandemia do COVID 19.

Cales son as formas de contacto co SEPE?

As formas de contacto co SEPE serán a través do formulario de contacto que aparece na Sede electrónica (https://sede.sepe.gob.es/contacte/contacte) e dos teléfonos de contacto fixos provinciais e liñas 901 que figuran na páxina web do SEPE: 901 119 999 | Teléfono fixo provincial (A CORUÑA: 981 995 598)

  • Localizador de oficinas: servizo 24 horas
  • Solicitude de certificados de prestacións. Horario de luns a venres de 8:00 a 14:00 h
  • Servizo de prestacións. Horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 h
  • Información sobre o teu primeiro traballo Eures ou o recoñecemento oficial da experiencia profesional. Horario de luns a venres de 8:00 a 14:00 h
  • Axuda para navegar ou realizar trámites na web. Horario de luns a venres de 8:00 a 14:00 h
  • Garantía Xuvenil: se estás en España: 060. Se estás no estranxeiro +34 902 887 060. Horario de luns a venres de 9:00 a 19:00 h

ACTUALIZACIÓN 23/03/2020:

ATENCIÓN! A partir de hoxe están dispoñibles novos teléfonos gratuítos de información para a cidadanía e empresas:

  • CIDADANÍA ➡️ 900 812 400
  • EMPRESAS ➡️ 900 812 401

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión