Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de xaneiro de 2022

O Teatro Colón acollerá este domingo un novo concerto da Banda Municipal de Música da Coruña, cunha miscelánea de ópera e ballet

O alacantino Juan Miguel Romero será o director convidado da función, na que se interpretarán cinco pezas de Verdi, Bizet, Ponchielli e Puccini

A Banda Municipal de Música da Coruña volve este domingo 30 ao Teatro Colón co concerto "Vientos de Ópera", que comezará ás 12.30 horas e será de acceso libre á cidadanía, con entrada de balde, ata completar capacidade, limitada por mor das medidas sanitarias vixentes contra a Covid-19.

A función, ideada como unha mestura de ópera e ballet e contará co alacantino Juan Miguel Romero como director convidado, abrangue un total de cinco pezas, entre as que destacan Nabucco, de Giuseppe Verdi, La Gioconda, de Amilcare Ponchielli e Turandot, de Giacomo Puccini. 

Será o segundo concerto da Banda Municipal de Música da Coruña, integrada por medio cento de músicos, desde que comezou o ano 2022. Ademais, xa hai previstas outras dúas sesións, tamén no Teatro Colón, de cara ao mes de febreiro. Son as seguintes:

  • 13 de febreiro (12.30 horas): Caleidoscopios, baixo a dirección de Marcel Ortega.

  • 27 de febreiro (12.30 horas): Sentimentos sonoros, baixo a dirección de David Llano.

O cumprimento das pautas e medidas sanitarias contra a Covid-19

Durante a sesión, e en virtude das medidas sanitarias vixentes contra a Covid-19, será obrigatorio o uso de máscaras para os asistentes. Ademais, e en todo momento, tanto na agarda, acceso e estancia dentro do recinto, as usuarias e usuarios deberán seguir as instrucións do persoal.

Por outra banda, non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa Covid-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e as que non finalizasen o período de illamento, así como as personas que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa afectada por síntomas ou diagnosticada da Covid-19.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión