Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de outubro de 2020

O Teatro Rosalía de Castro apraza a representación de “Don Quijote somos todos” por un positivo en Covid-19 no elenco

A celebración do espectáculo, prevista para este sábado día 17, será posposta até o vindeiro 16 de xaneiro de 2021 ás 20.30 h

O Teatro Rosalía de Castro cancela a representación do espectáculo "Don Quijote somos todos", por parte da Compañía de Teatro del Templo, prevista para este sábado, 17 de outubro, ás 20.30 h, debido a un resultado positivo en Covid-19 dunha persoa do elenco.

Desde o Teatro Rosalía de Castro sinalan que é a súa responsabilidade, así como a da compañía teatral, velar pola seguridade de todas as persoas participantes e do público e que, por este motivo, aprazan a función para o vindeiro 16 de xaneiro de 2021 ás 20.30 h.

Dado que as localidades desta función xa se viran reasignadas para responder ás limitacións de aforo e de distancia interpersoal provocadas pola loita contra a covid 19, devolveranse todas as entradas desta sesión e voltarán saír á venda coas limitacións de capacidade actuais. Ademais, manteranse os mesmos descontos que había na sesión anterior. Aquelas persoas que teñan desconto de abonado deberán acreditalo no despacho de billetes.

As datas de devolución de entradas serán entre o 16 de outubro e o 16 de novembro. Deste xeito, as entradas que foran mercadas en efectivo devolveránse no despacho de billetes do Teatro Rosalía Castro os días 16 e 17 de outubro en horario de 16 a 20h e o resto dos días no despacho de billetes da praza de Ourense no horario habitual.

Por outra banda, as entradas mercadas con tarxeta será devoltas automáticamente desde a plataforma de venda de entradas. Se algún usuario/a detecta algún erro, deben poñerse en contacto co Teatro Rosalía no enderezo trc@coruna.es.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión