Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de outubro de 2020

O Teatro Rosalía retoma a venda de entradas soltas para o Ciclo Principal

A partir de mañá, estarán dispoñibles as localidades para “Andanza y Entremeses”, de Juan Rana, despois de adecuar a capacidade das instalacións ás normativas e aos protocolos contra a Covid-19

Despois da paralización do inicio da venda de entradas soltas para o Ciclo Principal Outono 2020, o Teatro Rosalía Castro reactivará mañá a comercialización de localidades tras adecuar a capacidade das instalacións ás normativas e protocolos de loita contra a Covid-19. Estarán dispoñibles os pases para o  espectáculo "Andanzas y Entremeses", de Juan Rana e a cargo da compañía RonLalá. Ao longo da próxima semana irase restablecendo a compra-venda para o resto das montaxes co fin de ofrecer un servizo e un teatro seguros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión