Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de outubro de 2022

O tecido emprendedor da cidade colle impulso nunha multitudinaria xornada organizada polo Concello da Coruña

O proxecto Bima participará no encontro nacional Innpulso Emprende que se celebrará en Valencia o 14 de outubro en representación do Concello da Coruña

O mercado de San Agustín acolleu este sábado o primeiro Encontro de Emprendemento, unha cita organizada polo Concello da Coruña, a través do seu Departamento de Promoción Económica e Comercio. O obxectivo desta xornada é impulsar e reactivar a actividade emprendedora na cidade.

Con este encontro, o Goberno de Inés Rey busca crear un grande expositor do ecosistema emprendedor local e dos proxectos en marcha na actualidade. Trátase dun espazo de encontro conxunto para promocionar e promover a cultura do emprendemento e crear un ambiente propicio para a aparición e o desenvolvemento de novos proxectos emprendedores. 

Durante toda a xornada, que contou coa asistencia de centos de persoas entre a mañá e a tarde, as entidades que traballan no ámbito do emprendemento tiveron a posibilidade de dar difusión aos recursos existentes na cidade para a posta en marcha de novos proxectos empresariais. As entidades presentes foron: AJE Coruña - "Asociación de Jóvenes Empresarias y Empresarios de la provincia de A Coruña", AECO - "Asociación de Empresarias de A Coruña", ATA Galicia - "Asociación de trabajadores por cuenta propia de Galicia", "Cámara de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de A Coruña", Concello da Coruña (Departamento de Promoción Económica), ONGD Ecos do Sur, Fundación "Mujeres", Fundación RONSEL, UDC - Universidade da Coruña (Vicerreitorado de Estudantes, Participación e Empregabilidade) e a Unión de Cooperativas Espazocoop. 

Ademais, participaron no I Encontro de Emprendemento 20 proxectos emprendedores da Coruña, de recente creación, asesorados por estas entidades. Estes proxectos desenvolven actividades que abranguen desde o comercio, novas tecnoloxías ou servizos á comunidade, entre outros. Tratouse de Acrux, Arela Saúde, Bima, Bsalus, Ceus App, Coffee Labora, El vino del mes, Elcano Solar, Mala Herba Producións, Marea Psicología, Maresía Comunicación, Mutä, Ola Matrona, Qaroní, Ruteart, Tako Group, The Cobardes, Travel Live Van, 50 Eat e Pablo Sánchez Otero Guitars.

O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, e a concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Sobral Cabanas, visitaron hoxe o mercado de San Agustín e puxeron en valor os proxectos e iniciativas expostas.

O proxecto Bima conseguiu facerse co gran premio desta xornada, que consiste na asistencia e participación no evento Innpulso Emprende en representación do Concello da Coruña. Este evento celébrase en Valencia o 14 de outubro. Ademais, tamén terá opción de participar na VLC Startup Market, que se desenvolverá na mesma cidade, os días 15 e 16 de outubro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión