Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de noviembre de 2022

Revalidou o título de campión contra o Compañía de María tras a quenda de penaltis 2-4

O Valongo portugués gaña o Torneo Eixo Atlántico Cidade da Coruña na súa décima edición

Disputouse un partido de categoría feminina por primeira vez na historia do torneo, entre a selección galega e o Gulpilhares portugués

A Coruña acolleu esta fin de semana a décima edición do torneo Eixo Atlántico Cidade da Coruña de hockey sobre patíns. Máis de 120 xogadores e xogadoras se achegaron á cidade para competir no torneo. Seis equipos portugueses e seis galegos, catro deles da Coruña.

A final disputouse esta tarde no Palacio dos Deportes entre o Compañía de María da Coruña e o equipo portugués dl Valongo. A concelleira de deportes, Mónica Martínez, fixo entrega do trofeo ao Valongo portugués logo da súa victoria 2-4 contra o Compañía de María. O equipo portugués acadou a victoria tras a quenda de penaltis, á que chegaron cun resultado 2-2.

Unhas horas antes, o Palacio dos Deportes acollía o primeiro partido únicamente feminino na historia do Torneo. O Gulpilhares portugués e a Selección Galega enfrontaronse nun partido sen precedentes na que as portuguesas gañaron 0-13 ás galegas. O amistoso tiña como obxectivo visibilizar e poñer en valor o deporte feminino xa que os equipos convocados son mixtos, mais están maiormente integrados por nenos. Deste xeito, o Concello da Coruña celebrou esta décima edición organizando o primeiro partido feminino da historia do Torneo, cumplindo co obxectivo do Goberno de Inés Rey de promover e visibilizar á muller no eido deportivo.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión