10 de outubro de 2026
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, presidiu o acto, celebrado ao carón da súa estatua e que precedeu a actuación de Los Satélites
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, presidiu este sábado o acto de homenaxe a Pucho Boedo organizado pola asociación de veciños do Ventorrillo con motivos das festas do barrio, que se celebran desde onte, venres. O acto tivo lugar ao carón da estatua que homenaxea a unha das grandes voces da canción galega e da música de orquestra e verbena.
"Pucho Boedo foi, e segue a ser, un ilustre veciño do Ventorrillo que, grazas á súa voz, prodixiosa, levou o nome do seu barrio e da nosa cidade á outra beira do Atlántico e tamén polo continente europeo", sinalou o concelleiro sobre o célebre cantante, de cuxo pasamento se cumpliron 40 anos este 2026. Tamén destacou que Pucho Boedo era "un cantante distinto, con identidade propia, e, por iso, en días como o de hoxe, no Ventorrillo e A Silva celebramos esta xornada como un dos días grandes das festas do barrio e, por suposto, da cidade, porque Pucho, que repousa no cemiterio de San Amaro, foi, por riba de todo, un referente da Coruña dos barrios, a verdadeira Coruña".
Tras o tradicional acto de homenaxe celébrase no Ventorrillo unha verbena coa orquestra Los Satélites, da que formou parte Pucho Boedo durante boa parte da súa traxectoria. Nos últimos anos o Concello levou a cabo diferentes actos de homenaxe a Boedo, entre eles unha actuación especial de Los Satélites na praza de María Pita ou a realización dun mural no Ventorrillo.

7 de novembro de 2026

9 de outubro de 2026
17 de setembro de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible