Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de setembro de 2022

O vermello e o negro tinguirán as rúas herculinas con Coruña42

As persoas participantes no Maratón Atlántica e o Mini Atlántica vestirán de vermello; as que tomen parte na 10K irán de negro

Coruña42 xa ten as súas camisetas. O vermello e o negro tinguirán as rúas da Coruña a próxima semana co Maratón Atlántica, a 10K que decorrerá en paralelo e o Mini Atlántica para menores de idade.

O vermello acompañará a quen se atreva coa distancia de 42 quilómetros o domingo 2 de outubro, co lema "Corre co Atlántico aos teus pés" no frontal da elástica.

Nesa parte da camiseta figura o nome da proba, a data, os organizadores (Concello da Coruña e Federación Galega de Atletismo) e os patrocinadores (El Corte Inglés, Coca-Cola, Powerade, Sanbrandán e Vegalsa. Coruña).

Nas costas, levarán tamén a data da carreira, o nome da proba e a palabra Coruña, coa chiscadela a "run" (correr en inglés).

Coruña42 compartirá cor coa camiseta da versión mini, a deseñada para menores de idade, que se celebrará o sábado 1 de outubro.

En paralelo ao Maratón Atlántica organizouse unha 10K e os seus atletas irán de negro o domingo 2 de outubro.

Ademais, tanto Coruña42 como a 10K incorporan a xogo a bolsa do corredor.

Tanto a peza como a bolsa entregaranse ás persoas inscritas cando recollan os seus dorsais en Exporunning, a feira do corredor, que se celebrará no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco). Estarán dispoñibles o venres 30 de setembro entre as 17.00 e as 21.30 horas e o sábado 1 de outubro de 10.00 a 20.00.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión