14 de maio de 2020
Un estudo realizado para valorar esta proposta de lecer indica que do 4 ao 10 de maio formuláronselles 81 retos ás familias
Na última semana, os blogs de Xaque ao Virus recibiron un total de 72.768 visitas e formuláronse un total de 81 retos (3 por cada un dos 27 blogs que están en funcionamento). En concreto, incoporáronse tres novos retos: o Reto express, Fotos de paseo e Xogos na casa.
As respostas recibidas nesta semana entre todos os centros reflectiron un total de 558 participacións. Ademais contabilizáronse 90 participacións en 17 videochamadas realizadas aos seguintes colexios: Alborada, Curros Enríquez, Juan Fdez. Latorre, M.ª Pita , Ramón de la Sagra, Raquel Camacho, Rosalía de Castro, Salgado Torres, San Fco. Javier, San Pedro de Visma, Wenceslao Fdez. Flórez, Zalaeta, María Mariño e Nosa Sra. do Rosario.
O XOGO
O xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou "antivirus" necesarios para derrotar o coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral. Os retos serán probas sinxelas que hai que superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:
Os retos publicaranse no blog do xogo creado para cada colexio participante, os luns, mércores e venres ás 12:00 h. Dispós de 36 horas para finalizar cada reto.
Novas relacionadas
18 de xaneiro de 2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible