Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xuño de 2021

Os centros cívicos municipais reabren ao público para recuperar a súa actividade habitual

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, destacou a importancia de “volver abrir estes equipamentos, agora que a situación o permite, para poñelos ao dispor da cidadanía”

O Concello reabre ao público os centros cívicos municipais, que recuperan desde hoxe a súa actividade habitual de antes da pandemia. Todos os espazos abrirán no seu correspondente horario de verán, que se pode consultar no portal web municipal https://bit.ly/3cVZ8J5.

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, destacou a relevancia de "volver abrir estes equipamentos, agora que a situación o permite, para poñelos ao dispor da cidadanía". Neira lembrou que o Goberno de Inés Rey ten por obxectivo reforzar o labor desta rede municipal que é de vital importancia para as persoas dos diferentes barrios da cidade. Estes edificios públicos son epicentro para moitas e moitos veciños das súas relacións interpersoais e retomar a súa programación é esencial para o seu día a día.

Desde a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación indican que o funcionamento e xestión dos espazos será idéntico ao que se realizaba antes do estado de alarma, e que a única diferenza é que se controlarán as capacidades dos centros cívicos como medida de seguridade para evitar contaxios da Covid-19.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión