Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de maio de 2020

Os comercios e negocios suspendidos da súa actividade pola COVID-19 poderán aprazar o pago das facturas de auga até febreiro de 2021

O Goberno local ofrécelles esta moratoria, a través de Emalcsa, co fin de lles axudar a compensar o impacto económico e social da crise sanitaria, polo que a poderán solicitala por correo electrónico e asignar nel unha conta, onde se lles cargarán os tributos o ano que vén

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciou hoxe que o Goberno local, a través de Emalcsa, lle permitirá á clientela non doméstica solicitar o aprazamento no pago das facturas de auga emitidas entre o 1 de abril e o 30 de setembro, co fin de lle axudar a compensar o impacto económico e social desta crise sanitaria. O cargo bancario á conta designada realizarase a partir do 1 de febreiro de 2021. Esta moratoria aplicaráselles aos locais de negocio e establecementos comerciais que suspenderon a súa actividade polo estado de alarma e condicionarase a que a persoa beneficiaria sexa usuaria non doméstica e a que o pago se domicilie por medio dunha conta ao seu nome.

A solicitude deberá enviarse por correo electrónico a atencioncliente@emalcsa.es e nela deberán constar obrigatoriamente os seguintes datos: número de contrato con Emalcsa, titular, CIF/NIF e enderezo do subministro; indicar se se tratar dunha persoa física ou xurídica; nome e CIF/NIF da persoa solicitante, correo electrónico e teléfono de contacto; actividade que se desenvolve, código IBAN e titularidade da conta bancaria de domiciliación dos pagos. Neste caso, o nome da/o titular da conta bancaria terá que coincidir co do contrato ou co da persoa solicitante. Por último, terá que incluír no correo unha declaración responsable de que, por mor da crise COVID-19, tivo que suspender a súa actividade durante un intervalo non inferior a 14 días.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión