Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

25 de marzo de 2020

Os corpos de seguridade da cidade homenaxearán o persoal sanitario do CHUAC

Membros da Policía Local, Autonómica e Nacional, da Garda Civil, Bombeiros e Protección Civil acudirán mañá ás 14.30 horas á rotonda do hospital para darlles un forte aplauso en agradecemento polo seu esforzo e humanidade nestes días tan críticos en que están en primeira liña de combate contra o coronavirus

A Asociación Profesional de Policía Local da Coruña en colaboración cos demais corpos de seguridade da cidade organizan mañá, ás 14.30 horas, unha concentración na rotonda do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC)  para homenaxear o persoal sanitario que está estes días na primeira liña de combate contra o coronavirus.

Vehículos da Policía Local, Autonómica e Nacional, da Garda Civil, dos Bombeiros e Protección Civil colocaranse na glorieta do centro das Xubias para darlles un forte aplauso a todas e todos os profesionais que axudan con recursos médicos e asistenciais a frear o avance da enfermidade e procuran o benestar das e dos coruñeses infectados.

Durante o transcurso do acto, garantirase o paso de ambulancias e outros vehículos que queiran acceder ao CHUAC. A iniciativa xurdiu de todos os corpos de seguridade que operan na cidade como unha forma de lles agradecer ás persoas que están tan expostas ao virus o seu labor e humanidade e tamén para darlles moita forza nestes días tan críticos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión