Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de abril de 2022

Os Museos Científicos Coruñeses convocan os premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2022, na 35ª edición do certame

O prazo de presentación de traballos remata o 1 de agosto en sete das oito modalidades. Na de libros editados finalizará o vindeiro 15 de xuño

O Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos, convoca un ano máis os premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación. O certame, que alcanza xa a súa trixésimo quinta convocatoria consecutiva, premiará cun Prisma de Bronce aos mellores traballos en oito categorías: Vídeo, Novos Medios, Texto Inédito e Autoeditado, Libro Editado, Artigo Xornalístico, Radio, Proxectos Singulares e Prisma Especial do Xurado. Ademais, todas as modalidades, excepto a de Libro Editado e a de Prisma Especial do Xurado, están dotadas cun premio de 4.000 euros. 

Ao longo das 34 convocatorias anteriores, os premios Prismas puxeron no foco centos de traballos que dan testemuño da importancia crecente da divulgación e o xornalismo de ciencia na nosa sociedade. O prestixio acadado por estes galardóns vén avalado pola calidade e trascendencia dos traballos premiados, así como pola participación no xurado de profesionais procedentes de diversos ámbitos da comunicación científica que achegan un criterio actualizado e diverso. 

As persoas que desexen participar nesta convocatoria dos Prismas á Divulgación poden presentar os seus traballos e candidaturas antes do día 15 de xuño para a modalidade de Libro Editado, e antes do 1 de agosto nas demais categorías. 

Os Prismas entregaranse no transcurso dun acto que terá lugar na cidade da Coruña o sábado 19 de novembro de 2022.

Toda a información sobre o certame pode consultarse a través da web:  Prismas Casa das Ciencias á Divulgación .

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión