Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xaneiro de 2020

Os números de Coruña Suma

O proxecto “Coruña Suma”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, desenvolvido polo Servizo Municipal de Emprego, ten o obxectivo de promover a capacitación profesional das persoas desempregadas con máis dificultades para a súa incorporación ao mercado de traballo.

Nesta data, puxéronse en marcha itinerarios formativos en sectores profesionais como: actividades auxiliares de almacén, técnicas de limpeza e desinfección hospitalaria, actividades auxiliares de comercio, carnicería e elaboración de produtos cárnicos, hixiene xeral na industria alimentaria e nutrición e dietética en xeriatría.

Nos últimos meses 1.144 persoas recibiron orientación laboral, delas 603 foron mulleres. Ademais, estableceuse contacto con 362 empresas do territorio, que facilitan a realización de prácticas formativas nos sectores nos que se imparte a formación e ofertas de emprego para as persoas participantes no proxecto.

A partir do mes de febreiro poñeranse en marcha novos itinerarios como: axudante de comedor escolar, socorrismo acuático, alteracións dexenerativas, demencias e Alzheimer, elaboración culinaria básica, xestión de arquivos ou atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Toda a formación impartida a través do proxecto conta con prácticas en empresas. Nos próximos tres anos está previsto que polo menos o 65% das persoas formadas accedan a un posto de traballo, o 60% delas serán mulleres.

As persoas desempregadas que queiran participar no proxecto "Coruña Suma" pódense informar no Centro Municipal de Emprego dos Rosales, no Centro Cívico de Sagrada Familia e a partir do 11 de febreiro tamén no Centro Cívico de Elviña, onde se sitúan os tres equipos técnicos do proxecto.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión