Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de enero de 2021

Os Reis Magos chegan por primeira vez a Visma, Bens, Nostián, Feáns, Palavea, Pedralonga, A Zapateira ou Xuxán

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu as comitivas reais antes de que partisen aos seus puntos iniciais para percorreren todos os barrios da cidade en dúas ocasións, acompañados de paxes e de pequenas/os colaboradoras/es

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá no Coliséum as persoas participantes nas carrozas en que os Reis Magos visitaron en dúas ocasións todos os barrios da cidade. Os de Oriente partiron sobre as 11.00 horas do multiusos para chegaren aos puntos iniciais dos seus percorridos, acompañados por un séquito de paxes e pequenas e pequenos colaboradoras/es. A rexedora destacou a idea deste ano como unha forma de chegar á veciñanza evitando que se produzan agrupacións de xente na rúa: "Non queriamos que as e os nenos sen quedasen sen velos e pensamos que indo os reis onda eles sería moi emocionante e á vez estariamos respectando as medidas contra a Covid-19".

Neste aspecto, as súas Maxestades pasaron por primeira vez por barrios como A Zapateira, Bens, Nostián ou Feáns. Chegaron até San Pedro de Visma e internáronse polos Rosales en dous percorridos, un pola mañá e un segundo pola tarde. As coruñesas e os coruñeses puideron saudalos desde as ventás ou pola rúa en puntos en que nunca estiveran antes, como Palavea e A Zapateira. Así mesmo, Melchor, Gaspar e Baltasar estreáronse en Xuxán, onde os estaban esperando as nenas e os nenos do novo barrio para se dirixiren por Monelos e Eirís até Palavea ou Novo Mesoiro, outra das coordenadas en que vive máis rapazada coruñesa. Pola súa parte, unha comitiva de pequenas e pequenos arrouparon os Reis Magos en todo momento para recibiren tamén o agarimo da cidadanía que os saudaba con emoción e a golpe de música ambientada no Nadal.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión