Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de decembro de 2022

Os Reis Magos visitan desde este luns os centros cívicos dos barrios da Coruña, nos que tamén haberá festas infantís para o gozo dos máis pequenos

Ademais, os Reis Magos tamén recibirán ás crianzas no Palacio Municipal de María Pita, os días 2, 3 e 4 de xaneiro

Os Reis Magos visitarán desde este luns os barrios da cidade, no contexto da programación de actividades polas festas de Nadal. Así, entre os días 26 de decembro e o 4 de xaneiro, os máis pequenos terán a oportunidade de coñecer aos Reis Magos, aos seus paxes reais e tamén ao carteiro real, que recollerán as peticións e desexos das crianzas con vistas ao día de Reis.

As actividades e visitas dos Reis Magos, que comezan mañá nos centros cívicos, tamén abranguen recepcións no Palacio Municipal de María Pita e os percorridos do carteiro real e os paxes reais nos locais de diversas asociacións veciñais nos barrios.

O calendario completo de actividades é o seguinte:

  • Luns 26 de decembro (17.00 a 20.00 horas): Festa infantil e visita dos Reis Magos nos centros cívicos de Labañou, Castrillón e Cidade Vella.
  • Martes 27 de decembro (17.00 a 20.00 horas): Festa infantil e visita dos Reis Magos nos centros cívicos dos Rosales, San Diego e Monelos.
  • Mércores 28 de decembro (17.00 a 20.00 horas): Festa infantil e visita dos Reis Magos nos centros cívicos de Eirís, Novo Mesoiro e Monte Alto.
  • Luns 2 de xaneiro.
    • (De 11.00 a 14.00, e de 16.30 a 21.30): Visita dos Reis Magos e os paxes reais ao Palacio Municipal de María Pita.
    • (12.00 a 14.00 horas): Visita do carteiro real e un paxe, no local da asociación de veciños de Nostián.
    • (12.00 a 14.00 horas): Visita do carteiro real e un paxe, na pista polideportiva de Bens.
    • (16.00 a 18.00 horas): Visita do carteiro real e un paxe, no local da asociación de veciños de Mesoiro-Vío.
    • (16.00 a 18.00 horas): Visita do carteiro real e un paxe, no local da asociación veciñal As Revoltas, na Zapateira.
    • (17.00 a 20.00 horas): Festa infantil e visita dos Reis Magos nos centros cívicos dos Mallos e Novoboandanza.
    • (19.00 a 21.00 horas): Visita do carteiro real e un paxe, no centro cívico da Sagrada Familia.
  • Martes 3 de xaneiro.
    • (De 11.00 a 14.00, e de 16.30 a 21.30): Visita dos Reis Magos e os paxes reais ao Palacio Municipal de María Pita.
    • (16.00 a 18.00 horas): Visita do carteiro real e un paxe, na gardería Kid's Garden, na Zapateira.
    • (17.00 a 20.00 horas): Festa infantil e visita dos Reis Magos no centro cívico de Palavea.
    • (17.00 a 20.00 horas): Festa infantil e visita dos Reis Magos nos centro cívico de Elviña.
    • (18.00 a 20.00 horas): Visita do carteiro real e un paxe, no centro cívico de Feáns.
    • (19.00 a 21.00 horas): Visita do carteiro real e un paxe, no centro cívico de Visma.
  • Mércores 4 de xaneiro.
    • (De 11.00 a 14.00, e de 16.30 a 21.30): Visita dos Reis Magos e os paxes reais ao Palacio Municipal de María Pita.
    • (12.00 a 14.00 horas): Visita do carteiro real e un paxe, na pista polideportiva do Barrio das Flores.
    • (12.00 a 14.00 horas): Visita do carteiro real e un paxe, na pista polideportiva do Ventorrillo.
    • (16.00 a 18.00 horas): Visita do carteiro real e un paxe, na Praza de Abastos de Durmideiras.
    • (16.30 a 18.30 horas): Visita do carteiro real e un paxe, no Fórum Metropolitano.
    • (19.00 a 21.00 horas): Visita do carteiro real e un paxe, no Centro Sociocultural Ágora.

Tanto as festas infantís como as visitas serán de balde ata completar a capacidade dos recintos referidos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión