Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de maio de 2022

Os Rosales, momentos únicos, que podes repetir nos vídeos

Sorprenderache a chegada á meta da carreira absoluta, déixate levar polos planos cenitais que mostran A Coruña, goza co compañeirismo e a diversión das carreiras de menores...

A cuarta proba do Circuíto Coruña Corre deixou momentos únicos, indelebles, pero non irrepetibles porque á volta do verán retomaranse estas carreiras e porque, grazas aos vídeos que preparamos desde a organización que encabeza o Concello da Coruña, poderás darlle ao play tantas veces como queiras.

A meteoroloxía respectou o domingo 22 de maio nos Rosales e máis de mil persoas pisaron o asfalto dese popular barrio e parte do Paseo Marítimo. A carreira mostrou unha vez máis o bela que é a cidade herculina. Gózaa desde os diferentes ángulos que che ofrece o vídeo.

Sorpréndete coa chegada á meta. O gañador da absoluta, Anxo Castro, tivo tempo para unha celebración moi especial. Tamén o festexou Noelia Papín, que esperou uns segundos a que a súa irmá completase o podio da carreira feminina.

Por alí cruzaron coa satisfacción do reto conseguido centos de deportistas. Maiores... e peques. Imaxes de compañeirismo, diversión, esforzo, superación e felicidade. Así é Coruña Corre, o circuíto no que corre "a xente dos barrios".

Vídeo da carreira absoluta

Vídeo da carreira de menores

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión