Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de setembro de 2022

A entrega de premios ás persoas gañadoras da trixésima edición terá lugar o vindeiro 20 de novembro no Teatro Colón

Os XXX Xogos Florais de María Pita renderanlle homenaxe á figura de María Casares dentro dos actos do centenario do nacemento da actriz

A alcaldesa e Gran Mestre da Real Orde de Cabaleiros de María Pita, Inés Rey, presentou hoxe o certame poético promovido pola Real Orde

O Palacio Municipal acolleu este martes o acto de presentación da trixésima edición dos Xogos Florais de María Pita, unha iniciativa promovida pola Real Orde de Cabaleiros de María Pita desde o ano 1992 e que conta co apoio do Concello da Coruña.

A alcaldesa, Inés Rey, acompañada polo Mestre-Presidente da Real Orde, José Enrique Duarte, presentou as bases do certame literario de cara a este ano, no que se lle renderá homenaxe á figura de María Casares, complementando os actos de conmemoración do Ano Internacional María Casares, postos en marcha polo Goberno municipal no contexto do centenario do nacemento da actriz coruñesa.

"Os Xogos Florais de María Pita axudan a lembrar o legado e a herdanza de figuras culturais e históricas fundamentais para comprender a evolución da nosa cidade", sinalou Inés Rey. A rexedora subliñou, ademais, "o traballo da Real Orde de Cabaleiros de María Pita para a posta en valor do patrimonio cultural e literario da Coruña".

Neste sentido, o certame poético dos XXX Xogos Florais de María Pita, aberto este ano baixo o lema 'Vivir é sentir', ten como principal obxectivo a identificación da cidadanía coa figura de María Casares, sobre a que deberán versar as composición poéticas que se presenten ao concurso. Abrangue dúas categorías, sénior (para maiores de 18 anos) e xuvenil (para menores de 18 anos). "Isto tamén posibilita que as futuras xeracións se acheguen á historia dunha muller universal que naceu na rúa Panadeiras e forma parte do noso patrimonio", recordou Inés Rey.

No certame poderán participar todas as persoas que o desexen, a excepción das que acadasen os premios gañadores na pasada edición. O prazo de entrega dos traballos, premiados con 2.000 euros na categoría sénior e con 1.000 na categoría xuvenil, finaliza o vindeiro 13 de novembro.

A entrega de premios, no Teatro Colón

O veredicto do xurado, para dar a coñecer as persoas gañadoras do certame poético nesta trixésima edición dos Xogos Florais, terá lugar o vindeiro día 20 de novembro, ás 19.00 horas, no Teatro Colón.

A poeta Yolanda Castaño presentará o acto de entrega de premios, no que tamén participará o historiador Xosé Alfeirán.

Documentos:

Bases do certame poético dos XXX Xogos Florais de María Pita (518 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión