Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de novembro de 2022

Pablo Bocelo e Mélanie Mariño toman Novo Mesoiro

A última proba apta para puntuar do circuíto Coruña Corre 2022 tivo emoción ata o final

Lonxe de deslucir o espectáculo, a choiva contribuíu á épica en Novo Mesoiro na última proba apta para puntuar da tempada en Coruña Corre. Pablo Bocelo e Mélanie Mariño impuxéronse na liña de meta.

Emocionante de principio a fin. Así foi a carreira absoluta de Coruña Corre. Especialmente rifada estivo a masculina, cun triunfo ao esprint de Pablo Bocelo, que parou o cronómetro en 17:14.

Só un segundo separou ao gañador do segundo clasificado, Álvaro Marín, e a mesma distancia houbo entre a prata e o bronce, que acadou Antón Gómez, o mellor sub-23. Preto do podio, a só catro segundos, quedou Abdelaziz Fatihi e tamén o viu próximo Álvaro Presedo, quinto clasificado a só dez segundos do gañador.

Tivo máis marxe, aínda que tampouco demasiado, para celebrar a vitoria a gañadora da categoría feminina, Mélanie Mariño, a única muller que logrou baixar dos 21 minutos (20:48). Completou o percorrido con vinte segundos de vantaxe con respecto á segunda clasificada, Uxía Rodríguez. A loita por completar o podio foi máis axustada. Inés Papin logrou o bronce (21:32), Nati Sánchez quedou a dous segundos e Nerea Sánchez, a cinco.

En sub-18 impuxéronse Ainoa Gontán (11:00) e Jorge Mouzo (09:30); en sub-16, Lara Solsona (12:02) e Daniel Salgueiro (09:28); en sub-14, Alba Morais (06:13) e Pablo Vázquez (05:43); en sub-12, Martina Bermúdez (02:58) e Jeyden Jael Silva (02:46); e en sub-10, Paula Morais (03:26) e Hugo Cordal (02:53).

Ademais, 163 Peques valentes desafiaron á choiva nunha mañá deportiva en Novo Mesoiro.

Esta foi a última proba válida para puntuar para Coruña Corre 2022, aínda que o circuíto conta este ano cun 'bonus track', o que se celebrará en decembro en homenaxe aos 50 anos do CHUAC. As inscricións para esa carreira están abertas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión