Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de decembro de 2022

O Centro Cívico da Cidade Vella acollerá, entre os días 22 e 23, os obradoiros infantís previstos inicialmente na praza de María Pita

Papá Noel e os elfos de Nadal comezan mañá as súas visitas ao Pazo Municipal e aos centros cívicos da Coruña

As visitas, que darán comezo este mércores 21, están abertas á cidadanía, con acceso de balde ata completar capacidade

Dentro da programación de actividades das festas de Nadal, o Concello da Coruña organiza desde este mércores 21 unha serie de visitas de Papá Noel e dous dos seus elfos, que recibirán os máis pequenos no Pazo Municipal de María Pita. Achegaranse tamén a oito dos centros cívicos da cidade.

As recepcións á rapazada en María Pita terán lugar desde mañá e ata a xornada de Noiteboa, os vindeiros días 21, 22, 23 e 24. Papá Noel e os elfos atenderán as nenas e nenos nos seguintes horarios:

  • Mércores 21: De 17.00 a 21.00 horas.
  • Xoves 22: De 17.00 a 21.00 horas.
  • Venres 23: De 17.00 a 21.00 horas.
  • Sábado 24: De 12.00 a 14.00, e de 16.00 a 18.00 horas.

En paralelo, e a través da Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, desenvolveranse tamén as visitas de Papá Noel nos centros cívicos, contribuíndo a achegar o espírito de Nadal aos barrios da cidade.

Papá Noel percorrerá os centros cívicos dos barrios da cidade para escoitar os desexos e atender as peticións da rapazada, aproveitando os obradoiros infantís de Nadal promovidos polo Concello en ditas instalacións. As localizacións, datas e horarios son as seguintes:

  • Xoves 22 (Centros Cívicos de Visma, Sagrada Familia, Feáns, Santa Margarida): De 19.00 a 20.30 horas. 
  • Venres 23:
    • Centro Cívico de Santa Lucía: De 11.30 a 13.30 horas.
    • Centros Cívicos de Pescadores, A Silva, Artesáns: De 19.00 a 20.30 horas.

Os obradoiros infantís volverán a María Pita este sábado 24

Desde comezos de decembro, a praza de María Pita acolle diversos obradoiros infantís, con actividades ideadas para facilitar a conciliación familiar e con talleres orientados aos máis pequenos e pequenas.

Esta semana, os obradoiros infantís previstos o xoves 22 e venres 23 en María Pita trasládanse ao centro cívico da Cidade Vella. Os horarios son os seguintes:

  • Xoves 22 (17.00 a 20.45 horas): Obradoiros de gomas de borrar, piruletas e centros florais de Nadal.
  • Venres 23 (de 12.00 a 14.00, e de 17.00 a 20.45 horas): Obradoiros de grilandas e decoración de bolsas de agasallo.

Xa desde o sábado, día 24, e con vistas ás xornadas posteriores, os obradoiros infantís volverán á praza de María Pita, onde se instalará un novo posto destinado a acoller as actividades para os máis pequenos. No caso do sábado 24, terán lugar de 12.00 a 14.00, e de 17.00 a 19.00 horas, con obradoiros de agasallos de Nadal e origamis.

A inscrición para os talleres dos días 22, 23 e 24, ao igual que en sesións anteriores, pode tramitarse a través do teléfono 681 094 023 e tamén poderá levarse a cabo de xeito presencial nas propias instalacións do centro cívico da Cidade Vella e, xa o propio día 24, para os obradoiros previstos nesa xornada, no posto da praza de María Pita.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión