Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de maio de 2022

Preto de 1.600 persoas apúntanse a correr nos Rosales

O vindeiro domingo realízase a cuarta entrega de Coruña Corre, ecuador do circuíto 2022

O Circuíto Coruña Corre chega á súa cuarta proba do ano 2022, a que marca o ecuador da tempada, xusto antes da pausa estival. Por diante, a partir de setembro, quedarán outras tres.

A carreira realizarase o vindeiro domingo, 22 de maio, e o prazo de inscrición pechouse con 1.576 persoas apuntadas.

Delas, 904 teñen previsto correr a absoluta, que abrirá a xornada ás 10:30 horas cun percorrido de case seis quilómetros e medio, con boa parte do dito percorrido polo Paseo Marítimo, entre a zona próxima ao Millenium e O Portiño.

Ás 11:35 h están programadas as probas correspondentes ás categorías sub-18 e sub-16. Comparten un circuíto de practicamente dous quilómetros e medio polo barrio dos Rosales. Nelas participarán un total de 59 deportistas, 13 sub-18 e 46 sub-16.

Dous ou dúas máis, 61, competirán na carreiras sub-14. A feminina comezará ás 11:50 h e a masculina, ás 12:05 h, ambas con 1,2 quilómetros de percorrido.

Máis dun centenar participarán nas probas sub-12. A saída darase ás 12:20 h en mozas (45 inscritas) e ás 12:30 en mozos (60 inscritos). No seu caso, completarán 620 metros.

A mesma distancia afrontará quen participe na categoría sub-10. Ás 12:40 h, sairán as 43 nenas que se apuntaron nesa distancia e ás 12:50 h, os 74 nenos.

Despois da absoluta, a categoría con máis persoas inscritas é a de Peques, cun total de 330. No seu caso, as carreiras comezarán arredor das 13:00 horas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión