Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de septiembre de 2020

Preto de mil persoas inscríbense nos talleres do concello para emprendedoras/os e pequenas empresas

Ante o éxito da convocatoria, a Concellería de Innovación valora o realizar novas edicións destes seminarios para dar resposta ao elevado número de solicitudes.

Tan só nunha semana, máis de 950 persoas rexistráronse nos talleres formativos dirixidos a persoas emprendedoras e a pequenas empresas que a Concellería de Innovación, Industria, Emprego e Consumo lanzou na última semana de agosto e que se impartirán en liña desde o 10 de setembro até o 11 de decembro.

O obxectivo xeral destes talleres é facilitar ás persoas emprendedoras e promotoras de pequenas iniciativas empresariais e a aquelas que xa teñen en marcha a súa empresa os coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver e consolidar a súa idea de negocio, apoiando desta maneira a creación e mantemento de iniciativas emprendedoras e de emprendemento na cidade da Coruña.

A oferta, que se agrupaba en 5 áreas (creación e desenvolvemento de proxectos empresariais, comunicación, administración e xestión de empresas, novas tecnoloxías e idiomas) incluía un total de 18 accións formativas, a desenvolver entre o 10 de setembro e o 11 de decembro.

Ante o éxito da convocatoria, a intención da Concellería é facilitar que todas as persoas interesadas poidan realizar a formación, polo que se valora o realizar novas edicións destes talleres para dar resposta ao elevado número de solicitudes. A todas aquelas persoas que quedaron en reserva daráselles a posibilidade de realizar o taller na próxima edición.

As persoas emprendedoras, autónomas, comerciantes e pequenas empresas en xeral poden consultar a oferta formativa e realizar a inscrición a través da seguinte ligazón https://www.coruna.gal/empresa/gl/cursos-de-emprendemento

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión