Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de maio de 2022

Programa de envellecemento activo 2022

Contempla accións dirixidas ao ámbito das persoas maiores de 60 anos, de carácter preventivo, de promoción e participación social. Estas accións desenvólvense nos centros cívicos municipais a partir do mes de xuño e ata o mes de novembro

Este programa ten como obxectivos a prevención da deterioración física, cognitiva e de saúde asociado á idade, co obxecto de lograr un envellecemento activo e saudable e unha mellora da calidade de vida, prestando unha especial atención ao contexto social e á comunidade e promovendo a comunicación, a participación e o intercambio social.

No programa de Envellecemento activo realízanse accións de:

  • Promoción da saúde (ximnasia de costas, "En forma bailando", paseos saudables)
  • Promoción de actividades cognitivas e novas tecnoloxías (Iniciación á realización de trámites en liña, manexo de smartphones, tablets, e iniciación ás redes sociais)

No arquivo adxunto pódense comprobar as accións do programa, os centros nos que se van a levar a cabo, as datas e horarios de realización, a modalidade de inscrición, número de prazas...

INSCRICIÓN:

  • Talleres que inician no mes de xuño: inscrición do 26 ao 30 de maio de 9.00 a 12.00 h e de 17.00 a 20.00 h, nas consellarías dos centros cívicos onde se realizan as actividades
  • Obradoiros se inician no mes de outubro: inscrición do 26 a 28 de setembro de 9.00 a 12.00h e de 17.00 a 20.00 h

A adxudicación de prazas será por orde de inscrición. Pecharase a inscrición no momento que haxa 10 inscritos e unha listaxe de agarda de 10 persoas.

Programación envellecemento activo 2022 (435 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión