Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

19 de outubro de 2020

Publicación da nova Ordenanza municipal reguladora da concesión de axudas para a conservación e rehabilitación de edificios de vivendas

Trátase da aprobación definitiva e entrou en vigor o 9 de novembro de 2020.

No día de hoxe publicouse no Boletín Oficial da Provincia o texto íntegro da Ordenanza municipal reguladora da concesión de axudas para a conservación e rehabilitación de edificios de vivendas, destinada á subvención dos seguintes tipos de actuacións:

  1. Obras de mellora da eficiencia enerxética que permitan alcanzar unha redución da demanda enerxética anual do inmoble de polo menos un 25% sobre a situación previa á actuación.
  2. Obras de accesibilidade, tanto sobre elementos comúns dos edificios como no interior das vivendas.
  3. Obras de adecuación das condicións de habitabilidade das vivendas.
  4. Obras de mellora na sustentabilidade dos inmobles.
  5. Actuacións sobre os elementos obxecto de protección dos inmobles incluídos nos catálogos do Plan xeral ou do Plan especial de protección e reforma interior da Cidade Vella e Pescaría.
  6. Obras de conservación de edificios de uso residencial de vivenda colectiva con máis de 50 anos de antigüidade.

Pode descargar o documento na seguinte ligazón:

DESCARGAR ORDENANZA EN PDF (BOP)

As consultas sobre a ordenanza pódense realizar a través da seguinte LIGAZÓN

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión