15 de decembro de 2025
O período de matriculación permanecerá aberto do 16 ao 18 de decembro, ambos os días incluídos.
O Concello da Coruña publica hoxe, luns 15 de decembro de 2025, tras a súa aprobación por parte da comisión de escolarización, as listas definitivas de persoas admitidas, excluídas e en espera da convocatoria extraordinaria de setembro da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), de admisión para o curso 2025-2026.
As listas están dispoñibles para a súa consulta na páxina da web de Educación do Concello coa información sobre o Proceso de admisión na REIM .
Para cada escola con prazas dispoñibles publicouse un documento en formato Pdf coas solicitudes admitidas e en lista de espera por ano de nacemento. Pola súa banda, a relación de solicitudes excluídas publícase noutro documento no que se indican as causas da exclusión.
Período de matrícula
Tal e como se indica nas Bases reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantís integradas na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) para o curso 2025-2026, a matrícula será xestionada por cada unha das escolas da REIM do 16 ao 18 de decembro, ambos os días incluídos.
A persoa solicitante deberá dirixirse á escola asignada e presentar a seguinte documentación:

17 de xaneiro de 2026

11 de xaneiro de 2026

10 de xaneiro de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible