26 de novembro de 2024
O prazo de matrícula permanecerá aberto do mércores 27 ao venres 29 de novembro, ambos os días incluídos.
Tras a resolución das reclamacións/alegacións ás listaxes provisionais de solicitudes publicadas o pasado 13 de novembro, publícanse as listaxes definitivas da convocatoria extraordinaria de outubro para a cobertura de prazas vacantes na Rede de Escolas Infantís Municipais.
Listaxes definitivas de admitidos (26/11/2024)
A adxudicación dunha praza na escola indicada na primeira ou segunda opción implicará a eliminación das listaxes de agarda doutra opción solicitada.
As solicitudes que resulten adxudicatarias da praza poderán formalizar a matrícula tras a cita previa fixada pola escola correspondente. Os/as menores adxudicatarios/as deberán ter cumpridos tres meses no momento da matriculación.
O prazo de matrícula estará habilitado entre o mércores 27 e o venres 29 de novembro.
En decembro publicaranse as novas vacantes e o calendario do proceso correspondente.
Documentación necesaria
A persoa solicitante admitida deberá presentar na escola asignada, tras a cita previa fixada, a seguinte documentación:
O cumprimento do calendario de vacinación infantil do programa galego de vacinación, así como a formalización da matrícula no prazo sinalado son imprescindibles para confirmar a praza. En caso contrario, a persoa interesada decaerá da súa solicitude e o dereito á praza e ofertaráselle á seguinte persoa solicitante en listaxe de agarda por rigorosa orde de puntuación.
Documentos relacionados
Tamén che pode interesar

14 de novembro de 2025

11 de novembro de 2025

11 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible