Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de maio de 2022

Qieyang Shenjie e Álvaro Martín gañan o Gran Premio de Marcha dos Cantóns da Coruña

Entre as persoas participantes na proba houbo máis de 50 atletas que participaron nos últimos Xogos Olímpicos

A Coruña recibiu este sábado aos mellores atletas mundiais do momento na trixésimo quinta edición do Gran Premio de Marcha Cantóns da Coruña - Trofeo Sergio Vázquez. Más de medio cento de deportistas que participaron nos últimos Xogos Olímpicos de Tokio participaron nesta proba, xa un clásico do atletismo mundial e a última gran cita desta disciplina antes do Campionato Mundial de Atletismo e o Europeo 2022.

A chinesa Qieyang Shenjie, bronce en Londres 2012, foi a gañadora na categoría feminina (1:27:50), seguida pola peruana Kimberly García León, segunda na proba (1:28:38), e a española María Pérez, campioa de Europa en 20 quilómetros, terceira (1:29:33). Xa no referente á categoría masculina, o español Álvaro Martín, tamén campión de Europa en 20 quilómetros, resultou vencedor deixando o cronómetro nun tempo de 1:19:58. O tamén español Diego García foi segundo (1:20:00) e o brasileiro Caio Bonfim ocupou o terceiro caixón do podio (1:20:14).

Na proba deste sábado participaron, en categoría absoluta de 20 quilómetros un total de 116 homes e 68 mulleres, e na de 10 quilómetros foron 21 homes e 13 mulleres. A estas cifras hai que sumar as persoas participantes nas categorías inferiores. 

Entre as persoas participantes destacaron tamén o subcampión olímpico en Londres 2012 Erick Barrondo, de Guatemala; a colombiana Sandra Lorena Arenas, prata nos Xogos de Tokio 2020; e Evan Dunfee, de Canadá, que acadou o bronce ese mesmo ano. Entre os galegos que participaron estiveron os internacionais Carmen Escariz e os irmáns Daniel e Antía Chamosa.

A proba seguírona nos Cantóns numerosas persoas e afeccionados a este deporte olímpico. Ademais, o Gran Premio foi retransmitido en directo por streaming.

Distincións para a proba

Recentemente o Gran Premio sumou dúas novas distincións máis que engadir á súa importante nómina de recoñecementos nacionais e internacionais. A primeira delas veu da man da Real Federación Española de Atletismo, que novamente distinguiu a Cantóns como a mellor proba de marcha do ano 2021. Por outra banda, o xurado da IV Gala do Deporte da Coruña e da súa Comarca recoñeceu a Cantóns como a mellor competición do ano 2021, galardón que entregou a alcaldesa, Inés Rey.

Este importante evento conta desde o ano 2019 coa placa Patrimonio Mundial do Atletismo, máxima distinción mundial outorgada pola World Athletics. O seu presidente Sebastian Coe dixo que "o Gran Premio anual Cantóns da Coruña é un faro de excelencia e a reunión máis antiga do circuíto de marcha da WA".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión