Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de agosto de 2021

Quince corais achegarán á cidade os ritmos das tradicionais habaneras

O parque Europa acolle desde o vindeiro martes 17 até o 22 de agosto unha nova edición do certame “Cidade da Coruña”, que contará por primeira vez coa presenza de Amizades

Un ano máis a cidade acollerá o tradicional certame de habaneras "Cidade da Coruña". Será a XXXVI edición dunha cita que conta cun gran número de asistentes incondicionais. Deste xeito, o Goberno de Inés Rey reforza o seu compromiso coas entidades locais da cidade, que traballan por manter vivas as citas tradicionais que garanten que as distintas expresións musicais sigan vivas.

Neste senso, o presidente da coral Follas Novas, Fernando Sandino, quixo resaltar o enorme esforzo que todas as corais están a facer para manter a súa actividade, e agradeceulle ao Concello o seu  apoio a un evento, "que permite ás entidades locais 

subsistir nestes momentos complicados".

Sandino tamén destacou que por primeira vez subirá ao escenario do certame a agrupación Amizades e que, como novidade, e aínda que non interpretan habaneras, poderanse escoitar as voces de Cántigas da Terra.

O certame comeza o martes, 17, ás 19.30 horas no parque Europa coa coral  Vocalise e a Agrupación Amizades. O mércores 18 será a quenda da Coral Polifónica Canticorum, do Orfeón Alcoa, e de Cántigas da Terra.

Na terceira velada musical, o xoves 19, subirá ao escenario a Coral Agrupación Gaiteira e a Coral Polifónica Follas Novas. E, o día 20, o público que se achegue ao parque Europa poderá gozar das voces da Coral Polifónica de Mera, a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz e a Coral Polifónica El Eco.

O sábado, o Orfeón Herculino, o Acorde Secreto e a Coral Polifónica San Roque de Vigo serán os encargados de encher de música mariñeira o atardecer coruñés e, na última xornada, poderase escoitar á Coral Sporting Club Casino e á Tuna de veteranos

Debido á situación sanitaria, adoptaranse medidas de protección contra a COVID 19. Así, tomarase a temperatura e instalaranse dispensadores de xel hidroalcólico para a desinfección de mans. Dentro do recinto é obrigatorio o uso de máscara.

Os concertos serán de acceso gratuíto sen necesidade de reservar invitación. As persoas interesadas poderán inscribirse in situ ou levar o formulario xa cuberto da casa a través da páxina web https://coruna.gal/descarga/1453769742065/Formulario-inscricion-espectaculos.pdf.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión