Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xuño de 2020

Reanúdanse os traballos de investigación sobre a Casa Cornide

A empresa encargada de realizar o estudo do inmoble levará a cabo na xornada de hoxe un rexistro fotogramétrico nel de cara á solicitude como Ben de Interese Cultural (BIC)

A empresa Tomos, encargada de realizar o estudo e o pertinente expediente de cara a conseguir a declaración da Casa Cornide como Ben de Interese Cultural (BIC), ten previsto realizar hoxe a partir das 09.00 horas un rexistro fotogramétrico do inmoble, para o que utilizarán un elevador. A investigación está encabezada polo historiador de arte da Universidade, Vigo Trasancos, que é o responsable de elaborar o informe sobre a construción co fin de solicitar esta distinción a Patrimonio.

Este labor programado con anterioridade, pero que se tivo que suspender polo estado de alarma, suporá a reanudación do traballo das diferentes comisións co fin de cumprir os obxectivos marcados na última reunión do Consello da Memoria Democrática. As primeiras conclusións do experto apuntan a que a Casa Cornide debería estar xa declarada BIC e con esa finalidade, está realizando un estudo desde novembro en que ditaminará os valores artísticos que fan que esta estrutura sexa única.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión