Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de xullo de 2022

Recepción aos mandos do buque escola Juan Sebastián Elcano

Inés Rey presentou esta mañá a exposición “El viaje a la especiería de Magallanes y Elcano”, que estará na sala de exposicións do Palacio Municipal ata o 10 de xullo

A alcaldesa, Inés Rey, recibeu esta mañá no Palacio Municipal a D. Manuel García Ruiz, capitán de Navío e comandante do buque-escola Juan Sebastián de Elcano, que permanecerá na cidade ata o vindeiro domingo 10 de xullo. A rexedora fíxolle entrega dunha Torre de Hércules en cerámica e un libro sobre a Coruña, como mostra de agradecemento pola súa visita. 

Durante a estancia do buque Juan Sebastián Elcano, a sala de exposicións do Palacio Municipal acollerá a exposición "El viaje a la especiería de Magallanes y Elcano", con motivo da celebración do quinto centenario da primeira circunnavegación. Nela cóntase a historia da travesía de Magallanes e Elcano, unha ruta que terá a súa rúbrica o vindeiro ano 2023 na celebración dos Tall Ships Races Magallanes-Elcano, regresando á Coruña na súa volta á Península Ibérica.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión