Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de outubro de 2024

REIM: Publicadas as listas provisionais de admisión

Ábrese un prazo de emendas e alegacións do 2 ao 4 de outubro, ambos incluídos

Unha vez que finalizou o prazo de solicitude de prazas vacantes na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM, en diante), publícanse as listas provisionais de solicitudes admitidas, coa proposta das puntuacións obtidas conforme ao baremo que figura nas bases; así como de solicitudes excluídas do proceso, indicando a causa de exclusión.

A partir desta publicación, ábrese un prazo de emendas da documentación e alegacións desde o mércores 2 de outubro, e que permanecerá aberto ata o venres 4 de outubro. A falta de presentación dalgún dos documentos obrigatorios dentro do prazo de presentación e emenda supoñerá a exclusión do proceso.

Listas definitivas a partir do 8 de outubro

A publicación das listas definitivas será o martes 8 de outubro, paso previo á apertura do prazo de matrícula, que estará habilitado entre o mércores 9 o venres 11 de outubro.

As solicitudes que resulten adxudicatarias da praza poderán formalizar a matrícula, logo da cita previa fixada pola escola correspondente. Os/as menores adxudicatarios/as deberán ter cumpridos tres meses no período de matriculación.

Documentos relacionados

  • Listas provisionais (01/10/2024) (3 MB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión