Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

10 de xullo de 2020

Remata o prazo de solicitude das subvencións das entidades veciñais

Nesta edición aumentáronse as contías dedicadas a estas axudas ata os 60.000 euros para as dúas convocatorias, dende os 40.000 euros dedicados en 2019

O pasado mércores rematou o prazo para que as asociación veciñais solicitasen subvencións dentro das dúas convocatorias realizadas pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación. Presentáronse un total de 24 solicitudes de 19 entidades de vecinos e veciñas.

A convocatoria para gastos xerais de funcionamento tivo un orzamento de 25.000 euros, fronte aos 10.000 euros do orzamento de 2019. A de realizarión de proxectos e actividades contou con 35.000 euros, 15.000 máis que o pasado ano.

Das 24 solicitudes presentadas, 6 foron para a convocatoria de gastos xerais e 18 para a de proxectos e actividades. Os datos de solicitudes do ano pasado son respectivamente 7 e 17 instancias para estas convocatorias.

"Esta convocatoria reflicte o esforzo realizado polo Goberno municipal para tentar paliar as dificultades ocasionadas pola crise sanitaria da COVID-19", asegurou a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, xa que este ano aumentáronse as contías dedicadas a estas subvencións ata os 60.000 euros para as dúas convocatorias, dende os 40.000 euros dedicados en 2019.  Tamén se eliminaron os límites máximos das contías que unha entidade pode obter, de xeito que hai entidades que poderían recibir ata o 100% da axuda solicitada. Ademais, incrementouse do 90% ao 98% o pagamento anticipado da subvención concedida, para contribuír á cobertura inmediata dos gastos.

Este ano a presentación foi exclusivamente a través da sede electrónica. Para facilitar a presentación, desde os servizos de Participación Cidadá e Innovación enviouse unha guía pormenorizada cos pasos que cómpre seguir para presentar as solicitudes, ademais de contar como en edicións anteriores co soporte técnico do persoal dos servizos e o da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión