Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de novembro de 2021

Reunión do Proxecto Coruña Suma do Servizo Municipal de Emprego coas entidades sociais da cidade

O xoves 18 de novembro, o Servizo Municipal convocou unha reunión con entidades sociais, centros de formación profesional e outros servizos municipais para traballar na organización do “Encontro de entidades especializadas na atención a colectivos con dificultades de inserción”, que terá lugar o próximo 16 de decembro. Este Encontro enmárcase nas actuacións do Proxecto Coruña Suma (AP-POEFE), cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

O proxecto Coruña Suma, ten por obxecto facilitar a incorporación ao mercado de traballo das persoas desempregadas e tamén promover a creación de redes de colaboración dirixidas a facilitar a inclusión sociolaboral das persoas que se atopan en situacións especial vulnerabilidade.

Nesta reunión participaron 29 entidades sociais cunha importante representación na cidade. Expúxose como unha volta ao traballo presencial, un espazo de intercambio metodolóxico e técnico para abordar o impacto da pandemia da Covid no emprego, especialmente nos colectivos con máis dificultades.

No Encontro que se está organizando para o mes de decembro, participarán persoas expertas que tratarán aspectos relacionados cos cambios nos perfís das persoas que demandan servizos de emprego, a nova presencialidade, a relación entre a fenda dixital e a exclusión social, a importancia de acreditar a formación para o emprego, o nacemento de novas metodoloxías de traballo e os cambios no mercado laboral.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión