Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de marzo de 2021

Rey: “A cultura é a maior expresión para defendermos os nosos dereitos como mulleres”

A alcaldesa, Inés Rey, participou no acto inaugural da exposición “Sempre Marzo”, dentro da programación do Día Internacional da Muller, xunto as poetas Yolanda Castaño, Emma Pedreira e Pilar Pallarés

A alcaldesa, Inés Rey, pechou esta mañá na Fundación Luis Seoane o acto de inauguración da exposición "Sempre Marzo", enmarcada na programación do 8M do Concello da Coruña, en que as artistas e poetas da Galicia contemporánea toman os papeis a través dunha mostra composta por 12 poemas manuscritos, 33 cadros e unha escultura.

O acto inaugural tamén contou coa presenza da concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, a directora da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira, e as poetas Yolanda Castaño, Emma Pedreira e Pilar Pallarés.

Na súa intervención, a alcaldesa destacou que "a cultura é a maior expresión para defendermos os nosos dereitos como mulleres" e apuntou que, desde o Goberno local, "sempre traballaremos pola igualdade desde todos os ámbitos e apoiaremos á cultura e a vós, as súas creadoras e creadores, porque grazas ao voso traballo, esas Mulleres sen Límites que dan nome á campaña institucional do Concello para conmemorar o 8 de marzo de 2021, vólvense máis reais".

O proxecto artístico mestura poesía e cadros de autoras e autores galegas/os e da Coruña, unha mirada persoal de artistas galegas sobre a igualdade e o camiño para conseguila.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión