Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de maio de 2021

Rey anuncia que os premios do Día da Ciencia na rúa levarán o nome de Javier Novelle

A alcaldesa participou nesta celebración que, por mor das restricións da pandemia, este ano celebrouse no Teatro Colón en vez de na rúa

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciou na súa intervención desta mañá no Teatro Colón que "a partir da vindeira edición do Día da Ciencia na rúa os premios cos que distinguimos todos os anos aos participantes cos mellores experimentos levarán o nome de Javier Novelle". A alcaldesa sinalou que "esta será unha forma de recordar ao grande impulsor de esta xornada para sempre".

O Goberno local, asegurou a alcaldesa, seguirá "impulsando os nosos museos con políticas que os fortalezan para que sigan sendo unha marca diferenciadora da nosa Coruña". Proba disto, dixo, é que "os museos aínda coas portas pechadas continuaron lanzando retos en liña durante o confinamento e coidaron de que non nos esquecéramos deles que até puidemos percorrelos virtualmente". Así, agardou que "a rede de museos recupere axiña a súa normalidade" porque, apuntou, "A Coruña é unha cidade curiosa que comparte ese carácter cos seus visitantes a través dos seus museos".

 A rexedora asistiu xunto co concelleiro de Educación, Jesús Celemín, a esta edición do Día da Ciencia, que en vez de celebrarse na rúa foi no teatro por mor das restricións da pandemia. 17 centros educativos participaron no certame, que se dividiu en tres bloques para que as nenas e nenos non coincidisen simultaneamente no recinto. Rey lembrou que este ano "non estamos na rúa polas restricións que todos sabemos, mais iso non quita que promovamos o coñecemento desde este teatro que tanto nos alimenta".

Referíndose a Javier Novelle, Rey recorcou que foi a persoa "que sacou o coñecemento á rúa e fixo que centos e centos de nenos coma vós fosen científicos. Que moitas e moitos coruñeses que na actualidade traballan neste ámbito se deran conta de que estaban feitos para divulgar. Quizais tendo entre nós a xente tan carismática como Javier Novelle resultounos más fácil acabar sendo unha cidade científica", concluíu.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión