Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de marzo de 2020

Rey asegura que o Centro Cívico de Feáns reabrirase á cidadanía cando as autoridades sanitarias o autoricen

A alcaldesa explicou que o concello está mostrando unha cooperación institucional máxima e absoluta coas autoridades sanitarias e que, polo de agora, non se pechará ningún centro público na cidade

A alcaldesa, Inés Rey, informou sobre o posible foco de coronavirus na cidade, concretamente no Centro Cívico de Feáns, onde esta mañá se procedeu á desinfección. Sobre esta fumigación, na que se utilizaron produtos seguros e permitidos pola Axencia Española do Medicamento, Rey sinalou que "o centro cívico está pechado xa que está a traballar nel a empresa especializada en control de pragas e fumigación e abrirase cando as autoridades sanitarias dean autorización para facelo".

A alcaldesa explicou que o concello está mostrando unha cooperación institucional máxima e absoluta coas autoridades sanitarias xa que "se están a seguir estritamente as indicacións que se nos transmiten desde o Sergas, a consellería e o Ministerio de Sanidade".

Desde o Concello, e respecto ao peche de centros públicos na cidade, a rexedora informou de que "non se van tomar decisións unilaterais que poidan alarmar a poboación ou que non sexan necesarias" e que "neste momento", arredor das 13.00 h, "non está previsto" o peche de ningún centro público na Coruña.

Por outra banda, a Federación Española de Patinaxe comunica que se apraza a copa do Rey e da Raíña, que se ía disputar no Palacio de Deportes da Coruña do 19 ao 22 de marzo.

Ademais, informouse de que as dúas próximas xornadas de Liga xogaranse a porta pechada. Deste xeito, o partido do Deportivo da Coruña que xogaría este sábado en Riazor contra o Xixón tamén se disputará sen público.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión