Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

15 de setembro de 2020

Rey destaca o formato da Mostra de Cinema Periférico como referente de adaptación ás restricións derivadas da pandemia

A alcaldesa felicitou as persoas responsables da Mostra porque “a pesar de todas as dificultades ás que se enfrontan foron capaces de explorar novos camiños para presentar as súas propostas”

.- A alcaldesa, Inés Rey, asistiu esta mañá na Domus á presentación da (S8) Mostra de Cinema Periférico que celebrará entre o 27 de setembro e o 3 de outubro a súa undécima edición explorando un novo formato dual co fin de adaptarse ás medidas de seguridade impostas para evitar a propagación do virus. Neste novo formato combinaranse diversas performances, encontros e proxeccións cunha serie de novos formatos deseñados para a súa emisión a través da rede. No acto tamén estiveron presentes, ademais do director da Mostra, Xurxo Couto, deputado de cultura da Deputación da Coruña e Dolores Meijomín, coordinadora de Política Audiovisual da AGADIC

A alcaldesa felicitou as persoas responsables da Mostra, porque "a pesar de todas as dificultades ás que se enfrontan foron capaces de explorar novos camiños para presentar as súas propostas". Unha mostra, sinalou, que sitúa a cidade no centro do cine experimental e artístico.

Rey lembrou que o mundo da cultura está a sufrir o impacto das medidas de seguridade impostas para facer fronte á propagación do virus que lles obriga a cancelar concertos, exposicións, pechar salas, pospoñer festivais. Pero, apuntou a alcaldesa, aínda así non se renden, "renóvanse, exploran novas vías e seguen con novos formatos. Utilizando outros medios para o mesmo fin: alimentarnos coa súa creatividade."

Para Inés Rey, agora máis que nunca é necesario defender as e os nosos artistas e devolverlles todo o que nos deron, porque así defendemos a nosa cultura. "As administracións debemos apoiar e defender o sector cultural, as e os nosos artistas, rostros coñecidos dun mundo onde hai moitas caras anónimas cuxas familias viven deses concertos, desas películas, desas obras de teatro. E debémolo facer con políticas culturais que sirvan para facer país, porque apoiar a cultura é crear riqueza", dixo.

Por iso, o Goberno local acaba de presentar o PRESCO cultural, e apoia iniciativas como a Mostra Internacional de Cinema Periférico. Una mostra , dixo a alcaldesa,  que realiza a súa undécima edición sen perder a súa esencia e as mesmas gañas de descubrirlle ao público novas obras, novos/as autores/as, novas olladas e maneiras de entendérmonos e entender o noso mundo.

A alcaldesa animou a cidadanía "a saír, a experimentar, a ver cine, a respirar cultura. E tamén a coarse na rede para participaren desde a casa coa entrada virtual noutro xeito de facer cultura".

Doutra banda, para o director da Mostra, Ángel Rueda, A Coruña recupera co (S8) o seu pulso cultural cun dos eventos de maior proxección internacional da cidade. "Estamos felices de poder xerar un punto de encontro co público de todo o mundo na parte en liña desta edición dual, pero tamén co noso público nas nosas sedes habituais. Redobramos a nosa aposta a prol da difusión e a divulgación para chegar a todas partes porque, se as e os artistas non poden vir, nós imos a eles". E sinalo que están orgullosos de poder devolverlle a actividade cultural á cidade en todas as súas dimensións.

Ademais de seccións xa coñecidas Xerme, Sinais, Sinais en curto, Desbordamentos etc., a Mostra estrea o formato  'Camera Obscura', unha nova forma de difundir o traballo experimental de moitas e moitos cineastas. Así o público coñecerá través de streaming os procesos creativos dun grupo de cineastas que nos deixarán botarlles unha ollada aos seus traballos.

Máis información sobre sedes, horarios e programa na web: https://s8cinema.com/

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión