Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

4 de agosto de 2020

Rey destaca o labor da Asociación da Prensa por concentrar dun xeito orixinal e gráfico a historia da Coruña nun calendario

A alcaldesa presentou esta tarde a novidade que dá conta de até 611 acontecementos importantes ocorridos na cidade xunto ás fotos en branco e negro da colección Bartolomé-Chavert

A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta tarde o Calendario Histórico da Coruña 2021, elaborado pola Asociación da Prensa da Coruña e patrocinado pola Compañía de Tranvías, ás que lles agradeceu o esforzo por darlle continuidade a esta "gran idea de concentrar os feitos máis memorables da cidade". A rexedora manifestou que o almanaque permitirá curiosear sobre o pasado dun xeito orixinal e gráfico para nos enterar de até 611 acontecementos coruñeses que xuntou o experto Rubén Ventureira.

Rey engadiu que, ademais de todos eses apuntamentos, están as fotografías da colección Bartolomé-Chavert dunha Coruña en branco e negro que se pode comparar coa cidade actual a través de códigos QR. Ademais, afirmou que permitirá comprobar o que ocorreu nas datas especiais de cada un ou confirmar que xa estivemos sendo parte dalgún dos eventos que se relatan en textiños curtos, cos que aprendermos máis e máis historia local conforme imos avanzando de mes.

Rey destacou o labor do colectivo por recuperar o vello, pero tamén o máis novo, actualizando o calendario con eventos recentes: "É un deses obxectos que pasado o ano, un garda e consulta. Que nunca perde vixencia, agás polo calendario que murcha en decembro". No acto tamén interviñeron Doda Vázquez, presidenta da Asociación da Prensa da Coruña e José Ignacio Prada, director da Compañía de Tranvías. Logo da presentación, tivo lugar un breve coloquio entre o coleccionista de fotografía antiga, Alfonso Bartolomé, o historiador Xosé Alfeirán e o autor dos textos do calendario, Rubén Ventureira.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión