Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de marzo de 2021

Rey destaca o potencial do audiovisual galego e agradécelle o seu esforzo e dedicación por unirnos nesta pandemia

A alcaldesa sinalou no acto de lectura dos traballos finalistas dos XIX Premios Mestre Mateo que a cultura é unha prioridade para o Goberno local e recordou que a segunda Semana do Cine programará de balde, do 25 ao 28 de marzo, as catro películas que optan á estatua

A alcaldesa, Inés Rey, participou este mediodía no acto en que se anunciaron os traballos finalistas da XIX edición dos Premio Mestre Mateo, cuxa gala se realizará o 10 de abril no Teatro Colón. No evento, en que Marta Doviro e Amador Arias leron as candidaturas que optan a galardón, a alcaldesa recordou que o cine e o audiovisual "nos deron a forza que necesitabamos para continuar. Creou vínculos e acurtou a distancia que nos separaba e nos separa das nosas e dos nosos". Rey engadiu que, pola súa parte, as persoas profesionais deste sector superaron as dificultades para estaren hoxe aquí, "esperando un veredicto que vos upe como finalistas, aínda que finalistas xa sodes".

Destacou que a gran calidade dos traballos que aspiran á estatua "ten que ser para as institucións unha chamada de atención sobre a riqueza que temos, un patrimonio en movemento que debemos coidar e apoiar". Para este Concello, asegurou, esta cuestión é prioritaria: "Somos conscientes da necesidade imperiosa de promover e financiar a cultura. Lembro que a nosa Administración foi a primeira en poñer en marcha un plan de reactivación económica que incluíu axudas directas para a creación".

Nesa aposta por programar cultura segura, Rey recordou que do 25 ao 28 de marzo o público poderá desfrutar de balde das catro películas finalistas no que será a segunda edición da Semana do Cine e sinalou que na gala do 10 de abril, "volveremos sentir que o cine e o audiovisual teñen casa nesta cidade".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión