Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de maio de 2021

Rey destaca os preto de 50 espectáculos que leva programados o Rosalía en 2021 nesa aposta decidida pola cultura deste Concello

A alcaldesa e o director do teatro, Paulo Rodríguez, presentaron a segunda edición do Festival TRC Danza, que traerá sete espectáculos do 3 ao 13 de xuño, acompañados de charlas, proxeccións e obradoiros gratuítos

A alcaldesa, Inés Rey, presentou xunto ao director do Teatro Rosalía, Paulo Rodríguez, a segunda edición do Festival TRC Danza, que terá lugar do 3 ao 13 de xuño, "froito do grande esforzo que realiza o Concello por manter viva a danza e mais a cultura". A segunda edición desta cita ofrecerá un total de sete espectáculos de compañías galegas e estatais, que se completarán con proxeccións, charlas e obradoiros gratuítos.

A alcaldesa recordou que o Teatro Rosalía foi un dos teatros que primeiro recobrou a súa actividade en España e como proba desta aposta, "son os datos que se extraen da súa programación, incluso nunha situación histórica de restricións como as que vivimos". Rey sinalou que neste ano, o teatro leva programados preto de 50 espectáculos e que de setembro de 2019 a maio de 2021, foron 139 obras as que se puideron ver neste patio de butacas, nun total de 177 funcións. Engadiu que se levantou o pano de fondo en 299 ocasións con 27.538 espectadoras/es rexistradas/os e que coas restricións máis severas e con períodos "en que tivemos que pechar, reunimos a 7.000 espectadoras/es, o que suman de 35.538 persoas desde finais de verán de 2019.

A rexedora asegurou que estas cifras positivas anímanos a seguir traballando e que na actualidade xa está pechada unha nova entrega do Ciclo Principal de teatro con 13 espectáculos e do ciclo TRC Danza, que incluirá outros 6, coas súas sesións de taller de público, 6 accións expandidas e 6 pre-textos que acompañarán a cada unha das montaxes. Ademais, está previsto no que queda de ano un novo ciclo de abono da Sociedade Filarmónica da Coruña con 10 ou 11 concertos ao longo do segundo semestre e mais están anunciados os directos de Mercedes Peón e Xabier Díaz. A responsable de Cultura lembrou que no mes de setembro se estreará a nivel nacional "Los pazos de Ulloa" e a adaptación de "La Tribuna" realizada por Cándido Pazó, "As Cigarreiras", que tamén se representará por primeira vez en Galicia.

"Agora que recuperamos o bo costume de consumir cultura de forma regular, comprobamos que o público vive con máis emoción cada evento que organizamos. Os seus aplausos teñen máis forza e iso é sen dúbida un sinal de agradecemento  ás creadoras e creadores polo que nos fan sentir e imaxinar", sinalou Rey.

Pola súa parte, Paulo Rodríguez explicou que desde o Rosalía chegaron fortuitamente ao festival o ano pasado co fin de rescatar os espectáculos que non se puideron desfrutar polo confinamento e que tras unha moi boa resposta de público que "mesmo nos pediu que mantiveramos o formato, elaboramos unha programación propia". O responsable remarcou as actividades "expandidas" que abrigan o festival e a cantidade de propostas de artistas galegas e galegos que actuarán en dúas semanas consecutivas, de xoves a domingo. As entradas para as pezas coreográficas están dispoñibles en https://corunacultura.sacatuentrada.es/.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión