Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de outubro de 2020

Rey destaca que Fernández Albalat fixo que A Coruña medrase nesa modernidade que atesoura

A alcaldesa participou esta tarde na inauguración da mostra que reúne na Casa de Cultura Salvador de Madariaga material orixinal do arquitecto recentemente nomeado Fillo Predilecto da cidade

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, asistiron esta tarde á inauguración da exposición "Andres Fernández Albalat. Arquitecto. Materiais de arquivo. Obra coruñesa (1959-1999)", que reúne ata o 8 de novembro material orixinal do recentemente nomeado Fillo Predilecto da Coruña, a quen vai dedicada a Semana da Arquitectura. A rexedora explicou que o noso agradecemento a Fernández Albalat nunca será suficiente "pero canto menos, esta semana serviu para situalo no lugar que lle corresponde".

Da súa obra, destacou que fixo que "A Coruña medrase nesa modernidade que atesoura e ese carácter liberal que sempre tivo. E non contento con iso, foi máis alá e prognosticou un futuro vertebrando os concellos da comarca da Coruña e Ferrol nun todo". Rey apuntou que nunca se chegou a realizar mais deixou como legado edificios que 50 anos despois nos seguen falando. No acto tamén participou o fillo do arquitecto, Andrés Fernández Albalat, e o comisario da mostra, Antonio S. Río.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión