Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de abril de 2020

Rey e Villoslada participan na Comisión de Transporte, Mobilidade Sostible e Seguridade Viaria da FEMP

A Federación Española de Municipios e Provincias contou coa intervención da alcaldesa e do concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade para realizar esta mesa de traballo pola vía telemática, na que se perfilaron actuacións no proceso de desescalada e de recuperación económica e social

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, interviñeron esta tarde na Comisión de Transporte, Mobilidade Sostible e Seguridade Viaria, organizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para traballar no proceso de desescalada nesta crise da COVID-19.

Nesta mesa de traballo, o Concello da Coruña expuxo unha serie de medidas sobre mobilidade urbana sostible como potenciar o uso da bicicleta, proxectos para mellorar a mobilidade peonil, itinerarios escolares ou fomentar o uso do transporte público. Tamén formularon os retos da mobilidade da nosa área, mellorar a eficiencia das liñas do bus urbano tanto na cidade como na área metropolitana, a mobilidade eléctrica e apostar polas plataformas únicas de transporte público. Son medidas nas que o Goberno local leva traballando nos últimos nove meses.

Por outra banda, abordáronse as medidas conxunturais de desescalada nas que se potenciará a mobilidade peonil na vía publica e adaptaranse os ciclos semafóricos ás persoas viandantes nos principais cruzamentos.

Esta mañá comezaron a realizarse, pola vía telemática, as catro primeiras comisións de traballo, dun total de 26, encargadas de perfilar propostas e actuacións locais en todas as áreas. Estas reunións foron as correspondentes á Comisión de Turismo; Xuventude e Infancia; Transporte, Mobilidade Sostible e Seguridade Viaria; e Facenda e Financiamento Local. Todas elas lideradas por alcaldes/as e concelleiros/as, con 25 cargos electos en cada unha delas.

Tanto nestas reunións, como en cada unha das dez previstas para a próxima semana, quedarán propostas as liñas de traballo de cada comisión e as actuacións para desenvolver nos novos escenarios derivados da pandemia, tanto no proceso de desescalada como no de reconstrución social e económica, que será preciso acometer nos municipios españois.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión