Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

28 de agosto de 2020

Rey esixe ao CSD que tome medidas contundentes contra a Liga e o Fuenlabrada pola súa responsabilidade na viaxe á Coruña

A alcaldesa entende que o organismo público, que condenou a neglixencia da viaxe, debe tomar medidas contra os responsables

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, lamenta a actuación do Consello Superior de Deportes (CSD) no caso da viaxe do Fuenlabrada á Coruña o pasado 20 de xullo. Rey lembra que o organismo público que ten que velar pola seguridade no deporte debería adoptar medidas contra a Liga e o Fuenlabrada xa que ambos admitiron a súa responsabilidade nun feito que puxo en risco a saúde pública. O comunicado do CSD de finais de xullo sentenciou que "se cometeu un erro ao emprender a viaxe" e que "o Fuenlabrada non debeu viaxar o luns". Este comunicado tamén desprendía que "o responsable de aplicar correctamente os protocolos é o club e a responsable de garantir que así se fai é a Liga". E por último, que "non houbo a dilixencia debida para informar ás autoridades sanitarias do brote que tiña o club madrileño".

"Se o pasado 22 de xullo o CSD admitiu que tanto a Liga como o Fuenlabrada puxeron en risco a saúde pública dunha cidade e foron os responsables da suspensión dunha xornada vital para o futuro dun club da nosa cidade, o lóxico é que agora o CSD adopte medidas contundentes contra os responsables que o propio consello sinalou", sinala a rexedora.

"O CSD non debe transmitirlle á sociedade a mensaxe de que aqueles/as que obraron de forma incorrecta, trasladando un brote da Covid-19 á Coruña, saen totalmente indemnes tras cometeren uns feitos gravísimos, namentres que o Real Club Deportivo, ou o Numancia, que cumpriron con todos os protocolos, acaban sendo os perxudicados de forma irreparable. O CSD non pode permitir que o fútbol de élite ignore os protocolos que afectan a todo o mundo, e que teñan total impunidade. E por aí non paso, porque levo meses pedíndolle á cidade enormes esforzos, falando con persoas da hostalaría ou da cultura con graves problemas polo peche, controlando praias, solicitando o uso de máscara, etc... e parece que iso non importa, que hai quen se salta as normas sanitarias sen ningún tipo de responsabilidade", engadiu a alcaldesa. 

Así mesmo, anunciou que o Concello da Coruña, "irá até o final".  "Xa conseguimos que se abrisen dilixencias nun Xulgado da cidade e estudamos novas medidas, tamén en referencia aos novos actores. Ao tempo, lembramos que o CSD debe resolver canto antes a petición de inhabilitación do presidente da Liga que solicitaron Deportivo e Numancia". 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión