Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de setembro de 2020

Rey espera que a Xunta tome exemplo do compromiso da Deputación coa OSG

A alcaldesa lembra a débeda de máis de cinco millóns de euros que ten o Goberno autonómico coa formación O concello e a institución provincial asinaron un convenio de colaboración de 1,5 millóns de euros paras as actividades da orquestra

A alcaldesa, Inés Rey, asinou esta mañá xunto co presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o convenio de colaboración polo que a institución provincial investirá 1,5 millóns no Programa de actividades da Orquestra Sinfónica de Galicia no ano 2020. A rexedora agradeceulle ao responsable da Deputación o apoio que desde o organismo lle darán á OSG que, "como o seu propio nome indica ten unha vocación nacional e internacional e é un referente cultural da cidade que estenderá as súas actividades a 14 localidades da provincia".

Rey destacou que este investimento amosa o interese e o compromiso do PsdeG-PSOE pola cultura, "un compromiso que oxalá tivese tamén a Xunta de Galicia, á que lle pido que tome exemplo da Deputación". A alcaldesa recordou a débeda de máis de cinco millóns de euros xerada polo Goberno autonómico á formación tras o incumprimento do convenio e espera que a aboen o máis rápido posible "para que a OSG siga representando a cultura máis alá da cidade". Nesa intención de chegar a máis público, Rey destacou a mellora que grazas a esta axuda realizarán na canle de Youtube e nas aplicacións móbiles, o que suporá unha conexión máis forte entre a orquestra e o seu público: "A piques está de chegar ás 100.000 subscricións en Youtube", destacou Rey. Isto permitirá tamén que estree 20 obras inéditas encargadas polo Consorcio para a Promoción da Música a compositores galegas/os. Outra das cuestións que se traballará será a canteira con actividades e concertos da Orquestra Xove e a de nenos e mais dos coros da OSG por toda a provincia coruñesa.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión