Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

17 de setembro de 2020

Rey: “Estamos asumindo competencias impropias como son as desinfeccións dos tres centros educativos para que se poidan desenvolver as clases con normalidade”

A alcaldesa e o concelleiro de Educación visitaron esta mañá a ampliación do comedor do CEIP Curros Enríquez, unha obra que “mellora as condicións do espazo e que o fai máis accesible” xa que agora terá capacidade para atender 55 alumnos/as

Canto á actual situación que se está a vivir nos centros educativos, Rey quixo facer un chamamento as e os docentes para lles transmitir que "o Concello fará todo que está na súa man" e, asegurou, "estamos asumindo competencias impropias como son as desinfeccións destes tres centros educativos para que se puideran desenvolver as aulas con normalidade". A rexedora explicou que se trata "dunha competencia que é da Xunta de Galicia, que no día de onte fixo caso omiso ás chamadas e peticións por parte do Concello e que non asume o custo sobrevido das desinfeccións que estamos a acometer desde a administración local".

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o concelleiro de Educación e Memoria Histórica, Jesús Celemín, asistiron esta mañá, xunto co director do CEIP Curros Enríquez, Antonio Leonardo, á inauguración da ampliación do comedor do devandito centro educativo, que agora terá capacidade para atender a 55 alumnos/as.

Esta obra "mellora as condicións do comedor e faino máis accesible, xusto nun momento no que é máis necesario que nunca facilitar os espazos de convivencia dentro dos centros educativos", asegurou a alcaldesa.

A ampliación do servizo de comedor neste colexio do barrio de Monte Alto ponse en marcha desde hoxe mesmo. O Concello deu luz verde a esta ampliación durante o verán, tras as demandas das familias e do propio alumnado do centro escolar para mellorar as instalacións do comedor.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión