Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de marzo de 2021

Rey lamenta que o esforzo orzamentario da Xunta non sexa equitativo ao realizado polos concellos e a Deputación

A alcaldesa da Coruña asinou xunto aos seus homólogos de Santiago e Ferrol, Xosé Bugallo e Ángel Mato, e o presidente da institución provincial, González Formoso, o convenio polo que a Deputación reforzará o PRESCO con 1,2 millóns de euros

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, afirmou esta mañá que "oxalá a Xunta de Galicia fixera o esforzo orzamentario que estamos facendo as entidades locais e a Deputación" durante a sinatura do convenio polo que a Deputación reforzará o PRESCO con 1,2 millónes de euros. No acto, en que tamén interviñeron os alcaldes de Santiago e Ferrol, Xosé Bugallo e Ángel Mato, e mais o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, a rexedora sinalou que as entidades locais foron as primeiras administracións en responderen á crise económica derivada da crise sanitaria e que asumiron "competencias impropias ás que lle fixemos fronte debido á tremenda crise que estaba afectando a sectores estratéxicos da nosa economía como a hostalaría e o comercio e mais ao coxunto de persoas autónomas e micropemes".

Rey recordou que o seu goberno aprobou o PRESCO con máis de 13 millóns de euros que se completarán agora coa aportación da Deputación, "que é consciente das necesidades dos sectores e dos esforzos orzamentarios que están a facer os distintos concellos para saírmos adiante", unha implicación que esixe a poboación e que así o entendeu este Concello "así o fixemos e o facemos hoxe da man da Deputación". Para Rey, o acordo é unha boa nova, pero "temos que seguir traballando porque esta crise ainda non rematou".

O Concello da Coruña concedeu até o momento axudas a 4.351 persoas autónomas e a pequenas empresas e co reforzo dos 1,2 millóns de euros asinados hoxe coa Deputación, poderán ser atendidas 600 solicitudes máis.

O convenio supón un investimento total de tres millóns para os concellos coruñeses, que se sumarán aos 12,5 millóns do plan provincial PEL-Reactiva, que destina axudas de entre 1.500 e 3.000 euros a miles de persoas autónomas e microempresas dos concellos de menos de 50.000 habitantes. Un total de 80 concellos, o 91% do total, xa resolveron a concesión provisional ou definitiva das axudas do PEL-Reativa, mentres que 8 municipios (un 9%) están aínda en proceso de resolución. O responsable da institución provincial recordou que esta iniciativa sae da proposta dos alcaldes como resposta inmediata e "moi áxil" a un sector que probablemente leva o maior peso do impacto económico desta crise: "Deputación e concellos estamos a centrar todos os recursos no ámbito social e do emprego para apoiar as persoas que máis nos necesitan", afirmou González Formoso. 

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión