Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de novembro de 2019

Rey sitúa os procuradores e as procuradoras como figuras clave na xustiza

A alcaldesa presidiu o acto institucional polo patrón San Ivo en Palexco, no que o Colexio de Procuradores da Coruña recoñeceu os 25 anos de traxectoria de 20 profesionais e homenaxeou a Josep Antoni Durán i Lleida polo seu compromiso co Estado de Dereito

A alcaldesa Inés Rey presidiu esta mañá en Palexco o acto institucional polo San Ivo 2019, patrón do Ilustre Colexio de Procuradores da Coruña, xunto ao presidente do Consello Xeral de Procuradores de España, Juan Carlos Estévez Fernández-Novoa, e o vicepresidente e decano tamén do Colexio de Procuradores da Coruña, Javier Sánchez. A rexedora valorou a figura destes profesionais nun sistema en que son "claves para que a democracia se siga sustentando nos valores nos que se ergueu" e destacou o seu labor por daren cobertura legal ás políticas contra a violencia de xénero co fin de que as iniciativas que partan do Goberno local para acabar con este lastre poidan levarse á práctica e estean amparadas pola lei. Rei felicitou os preto de 20 procuradores e procuradoras que o colexio recoñeceu polos seus 25 anos dedicados ao cargo e, en especial a María Dolores Villar, "que demostrou en todo este tempo a súa gran valía".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión