Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de maio de 2022

Rosales, próximo obxectivo de Coruña Corre

A cuarta proba da tempada realizarase o 22 de maio nun circuíto de case seis quilómetros e medio con boa parte do percorrido polo paseo marítimo

Correr "co Atlántico aos teus pés" é o lema que acompaña este ano as tres grandes probas do atletismo coruñés (Coruña10, Coruña21 e Coruña42), pero tamén representa a cuarta etapa do Circuíto Coruña Corre: a carreira popular dos Rosales.

Dos case seis quilómetros e medio de percorrido por este barrio coruñés, máis de dous transcorren polo Paseo Marítimo entre a contorna do Millennium e O Portiño, que volve ser testemuña doutra proba de Coruña Corre despois de contemplar, un pouco máis lonxe, os e as deportistas que participaron o pasado domingo na Baixada de San Pedro de Visma ao seu paso polo Parque de Bens.

Neste caso, as persoas participantes partirán da contorna da praza Elíptica dos Rosales á que lle darán a volta, baixarán ata a intersección coa rolda de Outeiro, dirixiranse ao Paseo Marítimo, divisarán, a uns metros, o Millennium, que quedará á súa dereita, e poñerán rumbo, pola costa, ata O Portiño. Desde alí, subirán cara á estrada dos Fortes regresarán aos Rosales pola rúa Rodríguez Castelao antes de encarar por Manuel Azaña a parte final do percorrido.

Para quen participe na proba sub-18 e sub-16, o circuíto redúcese a case 2,5 quilómetros sen saír dos Rosales; en sub-14, será de algo máis de 1,2 quilómetros; para sub-12 e sub-10, arredor de 620 metros, e para as/os peques, 155 metros.

Podes consultar todos os percorridos nesta ligazón:

PERCORRIDOS - Circuíto Carreira Popular Os Rosales 2022

O prazo para inscribirse nesta cuarta entrega de Coruña Corre conclúe o domingo 15 de maio ás 23.59 horas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión