Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xaneiro de 2023

Sanbrandan e Coca Cola colaboran con Coruña21

A proba intermedia das tres grandes do atletismo popular da Coruña correrá a súa décimo quinta edición o 12 de febreiro

O medio maratón Coruña21, que organizan o Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo, prepárase para a súa décimo quinta edición, que se disputará o 12 de febreiro.

A carreira de 21 quilómetros polas rúas da cidade, con saída e meta no Obelisco, contará co apoio de varios patrocinadores, entre eles Sanbrandan e Coca Cola.

Sanbrandan colaborará no avituallamento sólido da C21 e Coca Cola fará o propio co avituallamento líquido, con auga e Powerade, a bebida enerxética que se entregará na meta ás persoas participantes.

As dúas firmas achegarán o seu gran de area para prestar os mellores servizos ás persoas participantes antes, durante e mesmo despois da competición.

A décimo quinta edición de Coruña21 mantén aberta a súa inscrición ata as 23.59 horas do 5 de febreiro de 2023 e forma parte do calendario da Real Federación Española de Atletismo.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión