Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de setembro de 2022

Sanbrandan mantén a súa alianza con Coruña42

O xantar do 'Breakfast Run Solidario' é unha das súas achegas ao Maratón Atlántica

Sanbrandan e o Maratón Atlántica manteñen a súa alianza. Coruña42 volverá contar a próxima semana coa colaboración desta empresa herculina, patrocinadora das carreiras populares que se celebran na cidade.

Unha das súas achegas ao Maratón Atlántica será, xunto a Cafés Delta, o xantar do "Breakfast Run Solidario" previsto para o vindeiro sábado 1 de outubro, véspera da carreira, unha cita na que as persoas participantes na proba poderán ultimar a súa posta a punto e, ademais, colaborar con ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña.

Na fin deste evento previo a Coruña42, na zona próxima a meta, as persoas participantes, coas súas pulseiras acreditativas, poderán retirar o seu xantar.

Ademais, Sanbrandan colaborará co avituallamento de Coruña42, a 10K paralela e o Mini Atlántica para menores de idade.

A empresa coruñesa aposta pola alimentación saudable e mantén un forte compromiso co medio ambiente, dous obxectivos que comparte Coruña42.

Inscrición ao Breakfast Run Solidario

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión